Complexo Turístico
Ponte Mourulle
Ven a coñecer a Ribeira Sacra.
Grove s/n, 27556 Taboada, Lugo
982 19 82 55
Sobre nós
Somos LUXSA, S.C., unha empresa Taboadense dedicada o servicio de restauración ademais de desenvolvemento de actividades de aventura, tempo libre e ocio, que no seu intento de descubrir novas expectativas no campo das relacións sociais e humanas formula unha serie de propostas orixinais e innovadoras nas cales intégranse o deporte, o ocio e o entretemento coa seguridade, solvencia e cobertura legal que LUXSA, S.C. pode ofrecer.
O complexo
Complexo Turístico Ponte Mourulle. Un lugar ideal para desconectar y meterse de cheo no encanto da Ribeira Sacra. Servicio de carta en restaurante, Albergue, actividades náuticas e Vitivinícolas. Ven a coñecernos, non te arrepentirás.
O albergue
As instalacións do albergue permanecerán abertas o público tódolos los días do ano.
No albergue habilitarase unha oficina que se dotara de tódolos medios posibles para a súa atención, utilizarase como central de reservas de aloxamento e para reserva de fechas para cantas actividades ou campamentos se queiran realizar. Non será necesario o aloxamento para a realización dalgunha actividade, posto que seguiremos traballando para calquera empresario do sector do turismo que nos necesite ou calquera particular que nos visite.
Nas dúas aulas habilitadas do albergue, unha na planta baixa e a outra na planta primeira, dedicaranse para a realización dos obradoiros dos campamentos, charlas, congresos, convencións, conferencias, eventos de empresa, reunións de empresa, coloquios, incentivos laborais, aulas de natureza, clases de inglés e cursos de formación.
Contacta
Envíanos un email e resolveremos calquera dúbida.